20/03/09

Un carameliño



Dende a dársena de Linho, presentámosvos dous temiñas que formarán parte do segundo proieto do grupo, que andamos mirando de rematar pra primavera, boa época pra verbena i o agarrado. A idea é que nas datas vindeiras colguemos algunha peza máis. Así, escoitades o que facemos, e vos animades a contratarnos para as vosas festas, patronáis ou de gardar, marcos nos que a flor do toxo coidamos rebenta de explendor.
A primeira que toca desta vez é unha muiñeira, composición do grupo, que por coxa quedou en tres pés, e por tres pés chamouse A Trepia. Nela toca con nós o clarinete o amigo Cheito, clarinetista de banda, música popular e sesión vermouth.
A segunda é pra nós unha xoia, do repertorio dos lexendarios Os Dezas de Moneixas, reminiscencias de José Benito, gaiteiro e cowboy, portada de "La Gran Enciclopedia Gallega". Chámase Ei Moneixas! e vai apasodoblada, con muiñeira no medio. Nesta tocoulle acompañarnos ó noso admirado Óscar, camarada sempre gustoso de tocar con nós.
Sen máis e nada máis, que vos guste; que vos preste.



10/09/08

Linho na Algarabía 08

Pois si, fomos tocar nesta edición da marabillosa festa da Algarabía en Lalín cun pasacalles en tractor previa inauguración dunha praza e todo.

Despois concerto na terraza do Matelo, aquí queda un video do pasarrúas tractoril, aí vós quedan os videos, cortesía do grande Pitu.



04/09/08

Huevo colabora no retorno de Fuxan

Benjamín Otero, oboísta de Linho do Cuco e máis coñecido como Huevo, vai facer unha colaboración no retorno da mítica banda galega, Fuxan os Ventos, como músico contratado dentro dunha banda que interpretará os temas míticos dos devanditos FoV e dirixida polo mestre X.L Romero Cajigal.

A cita será no Auditorio de Galiza 18 e 19 de marzo


Huevo in action

15/08/08

Linho do Cuco 3º posto en Lorient

Sorprendidos gratamente co premio obtido, voltamos á patria coa autoestima un pouco mellorada e con ganas de seguila mellorando.

Grazas a todos

10/07/08

O Linho do Cuco no 38 Festival Intercéltico de Lorient

O Linho do cuco participa no concurso de grupos de música celta do FIL 2008 así como pola súa banda o noso acordeonista multidisciplinar, Carlos Quintá participa en solitario no concurso de acordeón diatónico.

07/05/08

I encontro Europeo de folclore na Xenebra

O linho do cuco ten o pracer de representar á Galiza no I encontro de folclore na cidade de Xenebra, nun evento organizado pola asociación A Nosa Galiza.

Velaquí o cartaz do evento.


Nova data

O linho do cuco confirma unha nova actuación o día 17 de maio en Monfero.....vémonos!!!

15/04/08

Entrevista en El País

Chega o neofolk
O reaxuste da música galega reduce a distancia entre os xéneros

ÓSCAR IGLESIAS 11/04/2008



No folk galego hai máis e mellores instrumentistas que nunca, di Ugia Pedreira, a cantante de Marful, "pero faltan conceptos". "Eu podo mesturar unha muiñeira con reggae, pero no meu caso non sería natural, e a fusión debe ser natural". Para Óscar Losada, crítico especializado na cuestión folk, a diversificación é enriquecedora. "As propostas gañan en personalidade, malia seguirmos con carencias". Entre as eivas, remarca, "coidar as letras". "Eu podo contar a historia de Irlanda ou Escocia polas cancións... Aquí niso aínda temos que traballar".


"Nos 80 callou unha música identitaria sen discurso narrativo"
"Repetir tantas veces 'terra' e 'mar' quizais acabe parecendo rancio"
"Necesitamos a forza tabernaria de Fuxan os Ventos", di Carlos Quintá
Entre tirar do cancioneiro e escribir textos propios, o ideal sería "manter as dúas liñas", di Xabier Díaz, ao primeiro entalado como cantautor por ter letras propias. A cuestión narrativa vale de síntese na boca do historiador Ramom Pinheiro, do Conservatorio de Música Tradicional e Folque: "A comezos dos 70 convivían Voces Ceibes, Os Tamara e os que facían neotrovadorismo. As letras tiñan sabor popular, pero nos 80 callou unha interpretación do modelo Milladoiro que facilitou que a música identitaria non tivese discurso narrativo. Isto facilitou a súa difusión".
Recuperar iso, "dicir cousas e que cousas", non está sendo fácil, di Pinheiro, "pero a xente nova teno claro". Xa non hai celtismo que prexudique a recepción de novas propostas, caso do folk progresivo de Doa -onde convivían King Crimson e a música medieval- a comezos dos 80. Tras a enxurrada dos 90 foi Mercedes Peón quen, no novo século, recuperou algúns rastros vogais da música galega. Con outra caste de mestura, tamén arrimadas ao distingo vocal, bandas como Nordestinas venderon máis de 5.000 discos cunha hibridaxe de jazz e formas tradicionais. Espido -Guadi Galego e Guille Fernández, de Berrogüetto- pregúntanse á súa maneira como se pode renovar o patrimonio musical. Nese tirapuxa entre respecto e pacto estilístico, á hora de reinterpretar a tradición, insírense proxectos dispares de músicos mesturados: desde Lizgairo -Rodrigo Romaní, Anxo Pintos e Xosé Liz-, Nova Galega de Danza, Xochilmilca e os arranxos de jazz de Entre Trastres a Talabarte Trío, onde Quim Farinha, Pedro Pascual e Kin García peneiran a tradición dos países europeos que coñecen.
Paralelamente, as propostas achéganse en campos tradicionalmente refractarios ao folk galego. Non hai tonadas en galego como as que legou en bable o asturiano Nacho Vegas, mais en traballos como Finais dos 70, comezos dos 80, do dúo Fanny & Alexander, hai temas dos Smiths, Fuxan os Ventos e recreacións persoais de música tradicional galega. O diaño e a mona, o segundo disco de Xurxo Romaní, vai máis alá dende un discurso vencellado á música tradicional. Romaní emprega a zanfona -electroacústica- con programas de son, guitarra e baixo eléctricos, creando unha atmósfera onde as transicións electrónicas estruturan a peza tradicional, con chiscadelas ao rock progresivo e versións de Pastorius, Steve Hackett e Joe Zawinul. E todo é música galega, como na FNAC da Coruña.
"A electrónica é perfecta para a gaita", considera Óscar Fernández, zanfonista eléctrico no trío Bonovo. A afirmación, a falta de rodaxe, aínda creaba sarabullo hai a penas tres anos. "Falo da gaita antiga de melodías simples, buscando ambientes, non da gaita tocada coas complicacións harmónicas do violín". A banda de Fernández, Pulpiño Viascón (batería electrónica e serrón) e Roberto Grandal (acordeón con programacións de baixo, piano e teclados), fai "música tan tradicional coma os gaiteiros de Soutelo", din, "pero os medios son os de agora". O seu primeiro disco tras dous anos de concertos sácao Falcatruada o 27 de maio. Hai moita esperanza depositada, publicidade á parte, mais Óscar Bonovo revólvese: "A min o folk galego gústame como está... Quizais o panorama reflicte ben o carácter da sociedade galega: xente individualista que tira cara ao seu lado. Para a industria non sei, pero para a música galega esta situación é boa".

Desa revisión da historia recente do folk galego participan tamén bandas como os dezanos Linho do Cuco, máis acaroados ao tradicional pero coas mesmas reservas de espírito. "Menos pretenciosidade e máis visceralidade", recomenda Carlos Quintá. "Necesitamos esa forza tabernaria de Fuxan os Ventos, por exemplo, que se sacrificou tras un certo aburguesamento". "Porque o da fusión é o de sempre; se o anuncias antes de empezar, mala cousa". Linho do Cuco autoeditará en breve o seu segundo disco, tamén homónimo.
O que resulta de xuntar bombo, tamboril, pratos, gaita, frautas, oboe, tuba, zanfona e acordeón diatónico é, nas palabras do oboísta Benxamín Otero, "música de baile". Unha volta ás raíces. "Nós partimos da música tradicional para facer verbena". Igual que Oro Val ou Del Río, entroutros autores que compoñían para as bandas. O que pedía a xente, fose muiñeira, cumbia ou bolero. Quintá e Otero fan chanzas con títulos famosos do folk galego: "Se repetimos tantas veces terra e mar, quizais o rollo bucólico-marítimo acabe parecendo rancio".

O criadoiro da música tradicional son 20.000 estudantes, 640 profesores e 700 centros de ensino, case o 60% vencellados a asociacións culturais, segundo datos da Fundación Sondeseu. Das bandas de gaitas saíron Pedro Lamas e Dani Bellón, 30 e 23 anos, que simultanean proxectos que van desde Luvas Verdes -co disco Fandango desesperado (2005)- á Nova Galega de Danza, ou unha previsión de quinteto onde Bellón tocará temas xudeus e arxentinos. Eles defenden unha música de autor no contexto tradicional. O folk, din, "pode ir a calquera lado".

04/04/08

Concertos 08

O linho do cuco estrea este ano 08 coa presentación do seu segundo traballo, e o calendario de concertos; estos son:
  • 11 de Maio, centro galego de Xenebra
E algunha cousiña máis por aí hai, mais non adiantaremos nada até termos as datas pechadas.....


Saúdos a todos e opaiiiiiiiii!!!!!!

17/02/08

O Linho volve á carga

Despois dunha boa tempada sen actividade na páxina, o Linho cal ave fénix resurxe e mostra de novo actividade, o motivo???

O disco está retomado e despois de certos axustes e variacións estáse cocendo no pote unha mestura de mexunxes ben curiosa.....seguide atentos

04/10/07

Novas Linho do Cuco

Despois de un verán medianamente tranquilo, sen demasiado bolo, aínda que sen queixa....toquemos madeira, linho do cuco está á espera de entrar a estudo a rematar de grabar o que sera o segundo traballo discográfico nos estudos Trikip-nosis, de Pontecaldelas....Dende a xestión deste ferrado de bytes aloxados nun palleiro remoto, pedimos perdón se non vos gustamos e damos as grazas se vos fixemos disfrutar aínda que fose só un pouquíño.


Un bico a tod@s e grazas

Linho do Cuco

01/08/07

Pròximos Concertos

Pòdesnos ver, oìr, escoitar, ulir e tocar nas pròximas datas en...

  • 3 de Agosto en Bretoña (Lugo)
  • 9 de Agosto en Ferrol, xunto cos bos amigos de bOnOvO
E en setembro andaremos polas festas de Lalìn se nòs deixan.....e senòn tamèn

22/06/07

O linho no Youtube

Cal foi a miña sorpresa cando me atopo con este documento, aloxado no espazo de youtube ou llutuf, pra os amigos.....

O autor è un tal Meigalho....que podo imaxinar quèn ven sendo, pero non poderìa aseguralo.

Aquì vo-lo deixo pra que o vexades....aìnda que esteña un pouco anticuado........apretaaaas



21/05/07

Pròximos Concertos

Linho do Cuco reactiva a sùa actividade pra ofrecervos concertos marabillosos dias tales como...

  1. 26 de Maio en Orazo, Festival Coto Manguelo
  2. 29 de Xuño en Santa Cruz de Rivadulla
  3. 21 de Xullo en Chapela
E ata aquì o todo o pescado vendido, tedes os contactos neste mesmo blog.


saudiña

12/04/07

Rematamos o 4x4

Rematou o 4x4 e con el os bolos en auditorios, que tanto botaremos de menos.......ou non tanto, por que agora voltamos aos campos das festas a facer a mùsica bonita del amor que estades acostumados a oir e que este ano sorprenderà aos linho adictos propios e estranos.

Ainda asi, ìmonos lembrar do todo terreno..........cua cua caballo ganador caballo ganador

06/04/07

Linho do cuco en Vilagarcìa

Hoxe remata o noso periplo de concertos todo terreo, unha magoa, pero agora comezaran os bolos polas festas, onde ver aflorar reflexos doutrora e tempos pasados. Sen poñernos màis melancòlicos, marchamos, vèmonos en Vilagarcia as 21.00 no auditorio municipal.....apertas pra todos.


20/03/07

Primeiro concerto do 4x4......

Clica sobre as fotos pra velas màis grandes



















E pasamolo de car*llo..........

15/03/07

Linho do cuco está en obras


Eran outros tempos


Como se pode apreciar, Linho está en reformas. Daremos conta en próximos concertos das novas incorporacións. Saúdos a Irene, Manolo e a Sesi, onde queira que se atope, (a última vez que o vimos marchaba pra Alemania comprar un coche e xa non volveu).

Novas caducadas


Muinheiras con cepillo

Como non podía ser doutro xeito, o linho entrou barrendo con todo, polo menos literalmente, no escenario Runas do Festival de Ortigueira deste pasado verán.

08/03/07

Concertos inminentes e circuito 4x4

A curto prazo as actuaciòns que estàn confirmadas dentro do Circuito 4x4 que organiza Abada
e das que non son de Abada seràn as seguintes:


4x4
  • 16 de Marzal na Casa da Cultura as 21.30 en Laracha cun prez de 3€ //
  • 23 de Marzal na Asoc de Amigos da Paisaxe Galega 20.30 en Mugardos cun prezo de 3€
  • 24 de Marzal no Salòn de Actos do centro Cìvico en Xove as 20.30 cun prezo de 3€
  • 6 de Abril no Auditorio de Vilagarcìa as 21.00 cun prezo de 5€
Concertos Presentaciòn do novo Traballo
  • 26 de Maio en Orazo, Manguelo Folk
Temos un par de datas aìnda por pechar, que agardamos saian por ben de todos.....permanecede atentos a esta bitàcora.


Neste circuito 4x4 que organiza Abada, Linho do Cuco compartira escenario con artistas da tallaxe de Edelmiro Fdez, o dùo Dani Bellòn e Diego Maceiras e do dùo tamèn Fdez e Quintà